viernes, 20 de noviembre de 2009

NOVAS ADQUISICIÓNS


Na última entrada propúxenvos un menú degustación de literatura fantástica; hoxe, quero presentarvos un libro que nos fala de Francia desde o punto de vista gastronómico: Rue Mouffetard.

Estoutro é unha novedosa obra sobre cultura e civilización, cheo de fotografías de grande calidade. Un dos libros desta temática máis amenos que coñezo. Esta é a súa portada.

E xa para rematar, tedes dende xa na biblioteca á vosa disposición a posibilidade de ir dar unha volta por dúas das rexións máis fermosas de la République: a Bretaña, sorprendentemente semellante á nosa terra, e a Provenza, de aires mediterráneos, onde se sitúa a capital do perfume mundial (Grasse). Velaí as suxestivas portadas.

No hay comentarios: