viernes, 16 de octubre de 2009

OS DEREITOS DO LECTOR

Na nosa anterior entrada falamos dun clásico, hoxe quero presentar, a quen non o coñeza, a un autor francés actual que foi profesor e escribe libros para os que non lles gusta ler: Daniel Pennac.
Na súa obra, Como unha novela, enumera os dereitos imprescindibles do lector, universais e innegables.
Son estes:
1. Dereito a non ler.
2. Dereito a saltarse páxinas.
3. Dereito a non acabar un libro.
4. Dereito a reler.
5. Dereito a ler calquera cousa.
6. Dereito ao bovarismo (enfermidade textualmente transmisible).
7. Dereito a ler en calquera sitio.
8. Dereito a escamotear os libros.
9. Dereito a ler en voz alta.
10. Dereito a calar.

Para que fagamos uso dos nosos dereitos.

viernes, 2 de octubre de 2009

AS NOSAS PRIMEIRAS RECOMENDACIÓNS

Que difícil é recomendar libros!

A uns gústalles a aventura (entón Verne, sen dúbida, Viaxe ao centro da terra, A volta ao mundo en 80 días, 20.000 leguas de viaxe submariña), a outros a historia (daquela Dumas, pai ou fillo, tanto ten, Os tres mosqueteiros, O tulipán negro), o amor (Manon Lescaut, La Cebra de Alexandre Jardin), ...
Como un nunca sabe qué temas busca o outro, eu sigo sempre o mesmo criterio: recomendo aquelas obras que me fan falar e pensar nos seus personaxes coma se fosen persoas que coñecín realmente, por exemplo:
- Jean Valjean: un ladrón bo, co corazón de ouro, perseguido polo impacable inspector de policía Javert.
- Fantine: muller excepcional que, para poder manter á súa filla de tres anos, vende os seus incisivos centrais (os dentes de diante) a un comerciante que non usou anestesia.
Atoparedes a ambos en Os Miserables, de Victor Hugo, do que un día falaremos máis.


Desta obra preséntovos:















A portada da versión orixinal, 1862:

A Jean Valjean, o protagonista.










A portada dunha das moitas edicións españolas:






Quen a le, repite. Por iso se fixeron innumerables versións, por exemplo:


- Películas, aquí tedes os carteis de tres delas:

Con Jean-Paul Belmondo Con Michael Rennie Con Liam Neeson e Uma Thurman

- Unha serie de 4 capítulos con Gérard Depardieu e John Malkovich.


- Un comic, debuxos animados xaponeses, un audiolibro e un famosísimo musical:



Existen tamén versións reducidas en español para os que lle teñen medo a un libro de máis de 6 cm. de alto, e versións adaptadas en francés para que queira probar na lingua orixinal.


Naturalmente, eu recoméndovos ler a versión completa en español.