viernes, 20 de noviembre de 2009

NOVAS ADQUISICIÓNS


Na última entrada propúxenvos un menú degustación de literatura fantástica; hoxe, quero presentarvos un libro que nos fala de Francia desde o punto de vista gastronómico: Rue Mouffetard.

Estoutro é unha novedosa obra sobre cultura e civilización, cheo de fotografías de grande calidade. Un dos libros desta temática máis amenos que coñezo. Esta é a súa portada.

E xa para rematar, tedes dende xa na biblioteca á vosa disposición a posibilidade de ir dar unha volta por dúas das rexións máis fermosas de la République: a Bretaña, sorprendentemente semellante á nosa terra, e a Provenza, de aires mediterráneos, onde se sitúa a capital do perfume mundial (Grasse). Velaí as suxestivas portadas.

viernes, 13 de noviembre de 2009

MENU DO DÍA


MENÚ      BIBLIOTECA

1º PRATO
16 de julio de 1833. Éste es un aniversario memorable para mí. ¡En esta fecha celebro mi cumpleaños trescientos veintitrés!
“El mortal inmortal”. Cuentos góticos. Mary SHELLEY.

2º PRATO
Tres aneis para os Reis dos Elfos baixo o ceo, sete para os Señores Ananos nas súas salas de pedra, nove para os Homes Mortais condenados a morrer, un para o Señor Escuro no seu trono escuro, na Terra de Mordor, onde se estenden as sombras. Un anel para gobernalos a todos, un anel para atopalos, un anel para atraelos a todos e atalos nas tebras, na Terra de Mordor, onde se estenden as Sombras.
O Señor dos Aneis. J.R.R. TOLKIEN.

POSTRE
La historia nos había hipnotizado. Sentados alrededor del fuego en una mansión vetusta, una noche de Navidad, la historia nos había dejado sin aliento. Al concluir, nadie se atrevió a pronunciar palabra, hasta que alguien observó que era la primera vez que las fuerzas del más allá habían visitado a un niño.
Otra vuelta de tuerca. Henry JAMES.