Neste ano 2010, cúmprese o 50º aniversario do pasamento de Albert Camus, un dos máis célebres escritores franceses. A súa fama non coñeceu as fronteiras contra as que el loitou. Fillo de emigrantes alsacianos por parte de pai e españoles por parte de nai, naceu en Alxeria en 1913 a onde o seu pai, un dos chamados "pieds noirs" ("pés negros"), fora buscando un medio de gañar a vida que despois perdeu na guerra.
De ideoloxía anarquista e rasgos literarios existencialistas, Albert Camus caracterizouse polo seu compromiso político e social:
- o 8 de agosto de1945, foi o único intelectual occidental que denunciou o uso das bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki.
- en 1956, pronuncia o seu polémico descurso contra os abusos cometidos sobre a poboación civil durante a guerra de Alxeria e demite da Unesco en protesta pola admisión da España franquista.
- en 1957, élle outorgado o premio Nobel de Literatura que el dedica ao seu mestre da Primaria, Louis Germain, por terlle dado clases gratuitas e ter presionado á súa avoa materna para que continuase os estudios malia a oposición desta.
Velaquí as súas obras máis reputadas que, desde este departamento, recoméndase ler:
- L'Étranger - O Estranxeiro. 1942.
- La Peste - A Peste. 1947.
- La Chute - A Caída. 1956.
Albert Camus faleceu en accidente de circulación en Francia en 1960, cando só tiña 46 anos.
De seguido un precioso fragmento de O Estranxeiro, que non podo evitar ofrecer en francés dada a súa beleza, acompañado da traducción. O protagonista acaba de matar a tiros a un home:
J'ai compris que j'avais détruit l'équilibre du jour, le silence exceptionnel d'une plage où j'avais été heureux. Alors, j'ai tiré encore quatre fois sur un corps inerte où les balles s'enfonçait sans qu'il y parût. Et c'était comme quatre coups brefs que je frappais sur la porte du malheur.
Comprendín que destruíra o equilibrio do día, o silencio excepcional dunha praia onde fora feliz. Daquela aínda disparei catro veces máis sobre un corpo inerte no que as balas se afundían sen máis. E iso foi como petar catro veces na porta da desgracia.
CLUB DE LECTURA DE ADULTOS "JOSÉ BECEIRO"
Hace 2 días