viernes, 20 de noviembre de 2009

NOVAS ADQUISICIÓNS


Na última entrada propúxenvos un menú degustación de literatura fantástica; hoxe, quero presentarvos un libro que nos fala de Francia desde o punto de vista gastronómico: Rue Mouffetard.

Estoutro é unha novedosa obra sobre cultura e civilización, cheo de fotografías de grande calidade. Un dos libros desta temática máis amenos que coñezo. Esta é a súa portada.

E xa para rematar, tedes dende xa na biblioteca á vosa disposición a posibilidade de ir dar unha volta por dúas das rexións máis fermosas de la République: a Bretaña, sorprendentemente semellante á nosa terra, e a Provenza, de aires mediterráneos, onde se sitúa a capital do perfume mundial (Grasse). Velaí as suxestivas portadas.

viernes, 13 de noviembre de 2009

MENU DO DÍA


MENÚ      BIBLIOTECA

1º PRATO
16 de julio de 1833. Éste es un aniversario memorable para mí. ¡En esta fecha celebro mi cumpleaños trescientos veintitrés!
“El mortal inmortal”. Cuentos góticos. Mary SHELLEY.

2º PRATO
Tres aneis para os Reis dos Elfos baixo o ceo, sete para os Señores Ananos nas súas salas de pedra, nove para os Homes Mortais condenados a morrer, un para o Señor Escuro no seu trono escuro, na Terra de Mordor, onde se estenden as sombras. Un anel para gobernalos a todos, un anel para atopalos, un anel para atraelos a todos e atalos nas tebras, na Terra de Mordor, onde se estenden as Sombras.
O Señor dos Aneis. J.R.R. TOLKIEN.

POSTRE
La historia nos había hipnotizado. Sentados alrededor del fuego en una mansión vetusta, una noche de Navidad, la historia nos había dejado sin aliento. Al concluir, nadie se atrevió a pronunciar palabra, hasta que alguien observó que era la primera vez que las fuerzas del más allá habían visitado a un niño.
Otra vuelta de tuerca. Henry JAMES.

viernes, 16 de octubre de 2009

OS DEREITOS DO LECTOR

Na nosa anterior entrada falamos dun clásico, hoxe quero presentar, a quen non o coñeza, a un autor francés actual que foi profesor e escribe libros para os que non lles gusta ler: Daniel Pennac.
Na súa obra, Como unha novela, enumera os dereitos imprescindibles do lector, universais e innegables.
Son estes:
1. Dereito a non ler.
2. Dereito a saltarse páxinas.
3. Dereito a non acabar un libro.
4. Dereito a reler.
5. Dereito a ler calquera cousa.
6. Dereito ao bovarismo (enfermidade textualmente transmisible).
7. Dereito a ler en calquera sitio.
8. Dereito a escamotear os libros.
9. Dereito a ler en voz alta.
10. Dereito a calar.

Para que fagamos uso dos nosos dereitos.

viernes, 2 de octubre de 2009

AS NOSAS PRIMEIRAS RECOMENDACIÓNS

Que difícil é recomendar libros!

A uns gústalles a aventura (entón Verne, sen dúbida, Viaxe ao centro da terra, A volta ao mundo en 80 días, 20.000 leguas de viaxe submariña), a outros a historia (daquela Dumas, pai ou fillo, tanto ten, Os tres mosqueteiros, O tulipán negro), o amor (Manon Lescaut, La Cebra de Alexandre Jardin), ...
Como un nunca sabe qué temas busca o outro, eu sigo sempre o mesmo criterio: recomendo aquelas obras que me fan falar e pensar nos seus personaxes coma se fosen persoas que coñecín realmente, por exemplo:
- Jean Valjean: un ladrón bo, co corazón de ouro, perseguido polo impacable inspector de policía Javert.
- Fantine: muller excepcional que, para poder manter á súa filla de tres anos, vende os seus incisivos centrais (os dentes de diante) a un comerciante que non usou anestesia.
Atoparedes a ambos en Os Miserables, de Victor Hugo, do que un día falaremos máis.


Desta obra preséntovos:















A portada da versión orixinal, 1862:

A Jean Valjean, o protagonista.










A portada dunha das moitas edicións españolas:






Quen a le, repite. Por iso se fixeron innumerables versións, por exemplo:


- Películas, aquí tedes os carteis de tres delas:

Con Jean-Paul Belmondo Con Michael Rennie Con Liam Neeson e Uma Thurman

- Unha serie de 4 capítulos con Gérard Depardieu e John Malkovich.


- Un comic, debuxos animados xaponeses, un audiolibro e un famosísimo musical:



Existen tamén versións reducidas en español para os que lle teñen medo a un libro de máis de 6 cm. de alto, e versións adaptadas en francés para que queira probar na lingua orixinal.


Naturalmente, eu recoméndovos ler a versión completa en español.

martes, 29 de septiembre de 2009

BENVIDA A NOSA PÁXINA DO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS


Seguindo coa nosa tarefa de creación dos itinerarios lectores por áreas, presentámosvos agora o noso blog do Departamento de Lingua Francesa. Nel procuraremos comentar as iniciativas do noso Departamento para o fomento da lectura, estratexia fundamental na adquisición de calquera lingua.
En posteriores entradas especificaremos curso a curso, e aínda por trimestres, as lecturas que vos propoñemos.
Tamén pouco a pouco iremos enlazando con páxinas e recursos da rede que sexan útiles para a nosa materia.


BIENVENUS À NOTRE BLOG!